Os guionistas de cómic Rob Liefeld e Scott Lobdell apareceron na Arizona Comic Con esta fin de semana e seica fixeron un anúncio espectacular sobre o proxecto de filme para maiores de 18 anos da Fox baseado en Deadpool, o persoaxe dos cómics dos X-Men.
“Xa teñen un grande director no filme, e teñen un estupendo guión. Pode que eu xa vira ou non algún tipo de rodaxe de proba que te deixaría sen palabras se o vises e dirías ‘manda carallo, ese é Deadpool no seu unifrme. Katanas, pistolas, disparando á face da xente e facéndo-me rir“, dixo Liefield sobre o proxecto que ainda ten a Ryan Reynolds vencellado coma protaonista, repetindo o papel que fixo en X-Men e con Tim Miller coma director.
Liefield engadiu ademais: “Pode que vira ou pode que non algo que se asemella a iso. E terías o que conta coma o primeiro filme dos X-Men para maiores de 18. Porque ese guión é para maiores… pode que quiran rodar ou non oito minutos para ver como resultaría. E todo o que vos podo dicir é que está preto. Está tan preto que está mesmo por saír, ou se cadra será un ‘noooon’, facer un filme para maiores de 18 con Deadpool é demasiado“.