Lemke escribirá o filme de Goosebumps

931

Darren Lemke (Jack the Giant Killer, Shrek Forever After) está por pechar o acordo que o vencellaría coma guionista dun filme con acción real que adaptará á pantalla grande a série de terror para adolescentes Goosebumps na Sony Pictures e mais a Original Films.

A série orixinal do escritor R.L. Stine comprende mais de 50 tomos escritos entre 1992 e 1999 que na súa maioría renden homenaxe ás clásicas películas de terror e ciéncia-ficción dos anos 50. O nome traduciu-se en España coma Pesadillas e após de que a Sony se fixera cos dereitos en 2008, leva tentando adaptar a franquía sen demasiado éxito polo de agora.

Lemke é alomenos o cuarto guionista que se fai cargo do proxecto, após de que os traballos de Larry Karaszewski, Scott Alexander e Carl Ellsworth non convencesen á Sony en absoluto.

Neal Moritz e Deborah Forte son os produtores. O proxecto é concebido coma o primeiro filme dentro dunha franquía que mesmo podería abranguer dúcias de películas.