Marcus Nispel dirixirá Hack/Slash

735

Marcus Nispel (Friday the 13th, Conan the Barbarian) será o director da adaptación ao cinema do cómic de terror e acción Hack/Slash para a Relativity Media.

A história, cunha forte carga erótica, céntra-se en Cassie Hack, unha rapaza convertida en asasina de asasinos que viaxa de vila en vila por todo o país cazando aos criminais ao xeito no que o farían iconas do terror coma Freddy Krueger ou Michael Myers.

Todd Lincoln e Fredrik Bond foron os dous nomes anteriormente vencellados á dirección deste filme, que conta polo de agora cun guión de Justin Marks e coa produción de Alexandra Milchan, Adrian Askarieh e Daniel Alter.