Chega tamén O Protocolo Sigma

0
143

Os guionistas Irwin Winkler (Rocky, Goodfellas) e José Ruisanchez veñen de seren contratados para escribir a adaptación ao cinema da longamente agradada cuarta e derradeira entrega da saga de Bourne, o thriller The Sigma Protocol para a Universal Pictures.

Baseada na derradeira novela da popular saga do escritor Robert Ludlum, o thriller publicado en 2001 é moito mais directamente fantástico cós anteriores e vai sobre o fillo dun sobrevivinte do Holocausto que se ve atrapado nunha conspiración internacional dirixida por empresários e financieiros que queren utilizar unha nova tecnoloxía que permite revertir a idade.

Os coguionistas de Iron Man Matt Holloway e Art Marcum escribiran unha versión anterior que difería bastante da novela orixinal e na que o protagonista era un profesional de Wall Street especializado na economía dos acontecementos catastrófixos. O guión de Winkler e Ruisanchez axustará-se mais á literalidade da novela.

Antoine Fuqua (Training Day) e José Padilha (Tropa de Elite) foron os nomes que soaran anteriormente para se ocupar da dirección, pero nestes intres ningún dos dous está xa vencellado ao proxecto. Winkler, Jeffrey Weiner e Ben Smith serán os produtores.