Frecha Verde terá unha oportunidade na pequena pantalla

0
175

As canles The CW e Warner Bros. Television están a preparar un episódio piloto para unha nova série de televisión titulada Arrow e que se baseará no persoaxe de cómic da DC Green Arrow (ou Frecha Verde, na súa versión galega).

Greg Berlanti e Marc Guggenheim (Green Lantern) son os guionistas e produtores executivos xunto ao seu antigo compañeiro en Eli Stone Andrew Kreisberg.

A canle ven de dar por pechada a súa série de Superman Smallville, que no mes de maio cumprirá 10 anos en pantalla. Nesa série Justin Hartley interpretou a Green Arrow no papel dun playboy millonário que polas noites loita contra o crime enfundado na súa máscara. Nombergantes, Hartley non está vencellado a esta nova versión do persoaxe.

The CW producira préviamente un episódio piloto para unha série de televisión baseada en Aquaman, pero ao cabo non lles gustou aos executivos, que decediron non seguir adiante. Naquela série Hartley era o protagonista no papel do clásico superheroe submariño.