Nicolas Cage nunha autoestrada escura

0
185

Nicolas Cage está por asinar o contrato que o compreterá para protagonizar o vindeiro thriller sobrenatural Dark Highway.

Christopher Kyle (Alexander) escribiu o guión, do que polo de agora tan só se sabe que vai sobre un home que é perseguido e que quere chegar a un determinado lugar un día concreto, pero non sabe se a situación é real ou está só na súa imaxinación.

O director de Pontypool, Bruce McDonald, será o encargado deste proxecto, pero non quixo ou non puido confirmar a chegada de Cage: “a súa participación é só cousa de tempo e axustar as nosas axendas… é unha desas cousas que nunca sabes se poderán acontecer até que están a acontecer“.