Os Poderes que non despegan

0
156

A adaptación á pequena pantalla do cómic orixinal de Brian Michael Bendis Powers continúa a atopar atrancos e seica non sae dos problemas que impiden que o proxecto avance.

O cómic vai sobre unha parella de detectives nunha división especial que investiga crimes relacionados con superheroes. Foi creado por Bendis e mais o debuxante Michael Avon Oeming e os seus primeiros números apareceron na Image Comics de 2000 a 2004, até que a Marvel Comics mercou os dereitos.

Os executivos da canle FX viron o episódio piloto a finais do ano pasado e decidiron non seguir adiante. O guionista Chuck Eglee recebiu o encargo de reescribir partes sinificativas da série para tentar roda-la unha vez mais e agora mesmo están a pensar se paga a pena ou non seguir adiante coa rodaxe.

O presidente da FX, John Landgraf, dixo que están a comprobar que “é realmente complicado” facer a clase de série que eles queren, unha série de superheroes cun tón semellante ao de Os Soprano ou Breaking Bad.