Liv Tyler sufrirá efectos secundários

0
177

Liv Tyler será a vindeira protagonista do thriller de Ti West The Side Effect.

Tyler interpretará a Catherine Rigby, unha muller que pasa vários meses soa no espazo coma suxeito dun experimento para unha compañía farmacéutica internacional e que de súpeto atopa que está embarazada.

O medo e a paranóia apodéran-se dela cando se decata de que foi abandoada e a verdadeapós da concepción está cada vez mais lonxe mália os seus esforzos.

Ted Hope e Peter Phok serán os produtores. Segundo West, o filme será mais psicolóxico ca de auténtico terror coma o foron as súas anteriores obras, House of the Devil e The Innkeepers.