David Kajganich será o guionista de The Stand

0
110

O guionista de The Invasion e Blood Creek, David Kajganich, é o novo encargado de escribir o libreto da adaptación ao cinema da novela de Stephen King The Stand, que dirixirá previsíbelmente Ben Affleck para a Warner Bros. Pictures. Kajganich xa traballou anteriormente na longametraxe (que nunca chegou a se rodar) It, que tamén está baseada na novela homónima de King.