Kristen Wiig entra na vida de Walter Mitty

0
163

A actriz de Bridesmaids Kristen Wiig ven de se unir ao reparto da vindeira versión para o cinema do conto de James Thurber The Secret Life of Walter Mitty que producirá a 20th Century Fox.

Ben Stiller é o protagonista e director deste filme, que narra as aventuras dun tímido director dunha revista de fotografía que ten vívidos soños estando esperto. E mentres está a procurar un negativo perdido, acabará por vivir unha aventura de seu.

Wiig faría o papel dunha compañeira na revista e que é a muller dos seus soños. O proxecto será o primeiro papel nun filme importante, xa que após de intervir en Bridesmaids os seus seguintes traballos foron en filmes independentes: Imogene e Revenge of the Jolly!.

A rodaxe escomezará en abril en localizacións situadas en New York e Islándia.