Riseborough e Kurylenko procuran Esquecemento

677

Andrea Riseborough (W.E., Happy-Go-Lucky) e mais Olga Kurylenko (Quantum of Solace, Hitman) veñen de unir os seus nomes ao reparto do filme de ciéncia-ficción ainda sen título oficial que dirixirá Joseph Kosinski, que nun primeiro intre titulou-se Oblivion (Esquecemento) e mais tarde Horizons pola Disney Pictures.

Tom Cruise protagonizará a película no papel dun soldado reparador de drones e ún dos derradeiros humáns abandoados na superfície tóxica da Terra, mentres que o resto da humanidade vive en cidades sobre as nubes. O soldado atopa unha rapaza que se estrelou na Terra coa súa nave e xuntos escomezan unha aventura que lles fará descubrir a verdade sobre o que aconteceu no planeta.

Jessica Chastain foi a última actriz que fixera probas de cásting para un dos dous papéis, pero agora está fóra do proxecto. Michael Arndt está, segundo din, a reescribir o guión orixinal de William Monahan e Karl Gajdusek para lle rebaixar o orzamento.