Atlantis quere rexurdir outra vez

0
163

A Platinum Studios e mais o produtor Mark Canton (300, Immortals) unirán as súas forzas para resucitar un vello proxecto que ficou hai anos abandoado: un filme de acción que adaptará á pantalla grande a novela gráfica da Platinum Studios Atlantis Rising, composta por cinco tomos.

O cómic é un techno-thriller de ciéncia-ficción e contido político, que arrinca cunhas alteracións sísmicas que obrigan aos militares a investigar as zonas mais profundas dos océanos. Así, unha civilización de dez mil anos de antigüidade emerxe á superfície disposta a iniciar unha guerra co planeta.

A Platinum tentou facer o filme por primeira vez en 2004, cando mantivo xuntanzas con Gale Ann Hurd e posteriormente a DreamWorks fixo un esforzo en 2008 para producir o proxecto, pero en ambas ocasións non saiu adiante. Agora esta adaptación tentaría ser unha franquía, que é o que está de moda.