Destino Final 4 en produción

0
192

Cartace de Xa está en desenvolvemento unha cuarta entrega da saga de Destino Final, esta vez en formato 3D, pola produtora New Line Cinema, e baixo a dirección de David R. Ellis, quen xa se encargara da segunda parte da série.

Os argumentos desta cuarta parte mantéñen-se baixo sete chaves, pero xa sabemos que o filme será autoconclusivo e conterá a actuación de novos rapaces que deberán coma sempre enfrontaren-se a novas formas da morte. O guión foi escrito por Eric Bress, un dos autores que xa fixeran Destino Final 2.

Esta xa venerábel franquía fora creada polos clásicos realizadores de cinema de terror James Wong e Glen Morgan, e Wong dirixiu a entrega máis recente polo de agora, a terceira.

Ellis foi o director de Serpes no avión e traballou coma axudante en filmes coma Harry Potter e a Pedra Filosofal