Diane Kruger é a Buscadora

0
201

Diane Kruger (National Treasure: Book of Secrets, Fringe) unirá-se ao reparto de The Host, a vindeira adaptación ao cinema da novela supervendas da escritora Stephenie Meyer, autora tamén de Twilight.

A novela de Meyer é unha história de amor para adolescentes situada nun futuro próximo nunha Terra que foi asimilada por unha espécie alieníxena de parásitos benévolos que se fan chamar “as almas”. Unha de tales almas, Wanderer, fusióna-se cunha xoven soldado rebelde chamada Melanie Stryder (Saoirse Ronan), nun intento de localizar ao derradeiro reduto de humáns supervivintes da Terra.

Wanderer chegará a se obsesionar coas lembranzas do mozo de Melanie e do seu irmán e comeza a busca-los. Kruger faría o papel da Buscadora, encargada de supervisar a conversión de Melanie e mais tarde a persegue.

Andrew Niccol (Gattaca, In Time) é o autor do guión e coma director será a única esperanza de que este filme aporte algo de calidade. Nick Wechsler, Steve e mais Paula Mae Schwartz serán os produtores.