O Penúltimo Exorcismo

0
152

Ed Gass-Donnelly (This Beautiful City, Small Town Murder Songs) foi contratado para dirixir a secuela para maiores de 18 anos do thriller de terror The Last Exorcism para a Arcade Pictures, a Strike Entertainment e mais o Studiocanal.

Ashley Bell foi o protagonista do filme orixinal, que ainda que contou cun orzamento de tan só 1,5 millóns de dólares e estaba destiñada a maiores de 13 anos, resultou un grande éxito no despacho de billetes, recadando mais de 70 millóns. A história estaba protagonizada por un cura charlatán exorcista que debía enfrontar-se a unha crise de conciéncia cando convida a unha equipa de rodaxe para facer un documental sobre o seu derradeiro exorcismo, co que pretendía retirar-se do mundo dos negócios.

A secuela escomezará tres meses despois dos feitos narrados na primeira parte, ainda que polo de agora eses son todos os dados dos que dispoñemos en relación ao guión, escrito por Damien Chazelle.

O produtor Eli Roth dixo que “queremos ir mais ao fondo e sermos mais sinistros esta vez. O primeiro filme funcionou xenial coma unha película de terror psicolóxico para maiores de 13 anos, pero agora queremos unha calificación para maiores de 18 e amosar o auténtico terror que este tipo de asuntos ofrece“. A rodaxe escomezará o mes que ven en New Orleans.