Nominados para os Oscar 2012

0
373

As nominacións para a 83ª gala dos prémios da Académia de Cinema, os populares Oscar de Hollywood, xa se deron a coñecer e os filmes Hugo e The Artist son polo de agora os grandes trunfadores con 11 e 10 candidaturas respectivamente.

Coma é habitual, as grandes producións e o cinema fantástico ficaron fóra de todo tipo de nominacións, mália que son estas longametraxes as que cos seus grandes éxitos no despacho de billetes axudan a facer de Hollywood o lugar que é e dan-lle aos Oscars a releváncia que teñen.

Na lista aparecen Midnight in Paris e The Tree of Life coma nominadas á millor película e os seus directores, Woody Allen e Terrence Malick, coma nominados ao Oscar a millor director. Midnight in Paris foi nominada asemade ao millor guión orixinal.

Fóra deses prémios temos que nos ir até as candidaturas mais técnicas para ver títulos de xénero: Harry Potter and the Deathly Hallows: Part Two e Midnight in Paris á millor dirección artística e The Tree of Life á millor Montaxe.

Harry Potter and the Deathly Hallows: Part Two tamén é candidata ao Oscar á millor maquillaxe, e John Williams foi nominado pola súa banda sonora de The Adventures of Tintin. No apartado musical hai que incluir ademais ás canzóns Man or Muppet de The Muppets e Real in Rio do filme de debuxos animados Rio.

Finalmente, nos apartados mais estritamente técnicos, hai coma sempre abondosos exemplos de cinema fantástico: no Oscar ao millor Son e á millor edición de són figura Transformers: Dark of the Moon e no de millores efectos especiais temos a Harry Potter and the Deathly Hallows: Part Two, Real Steel, Rise of the Planet of the Apes e Transformers: Dark of the Moon.