O Corvo rexurde de novo

0
211

En abril do ano pasado soubemos das rifas legáis pola franquía d’O Corvo. Daquela, o director español Juan Carlos Fresnadillo (28 Weeks Later) estaba vencellado ao proxecto de relanzamento da franquía a cargo da Relativity Media que adapta ao cinema o cómic e que xa foi levado á pantalla grande por Alex Proyas en 1994.

Pero entón outros estudos, The Weinstein Company, que distribuíron o filme orixinal a través da Miramax aló polo 1994, interpuxeron unha demanda afirmando que segundo o contrato eles tiñan os dereitos exclusivos de distribución do filme para todo o mundo. A Relativity tivo que recuar e aparcar o proxecto.

Pois ben, agora, case un ano despois, seica hai paz nos xulgados. Nun comunicado conxunto, ambas produtoras dixeron que “a demanda entre a Relativity Media e mais The Weinstein Company ao respeito de The Crow foi resolta amigábelemente fóra dos xulgados, e ambas partes continuarán traballando no filme xuntas tal e coma estaba planeado. Ademáis, a Relativity Media descartou todas as súas reclamación contra The Weinstein Company por calquera tipo de dano polo lanzamento e distribución do filme Nine, e The Weinstein Company descartou todas as súas reclamacións contra a Relativity Media“.

E ainda que nun principio Juan Carlos Fresnadillo ía ser o elixido para esta película, seica será outro español, F. Javier Gutiérrez (3 Días) o encargado de realiza-la.