O prodíxio valenciano

0
189

Max ThierotMax Thieriot será a estrela protagonista de Prodigy, o filme de acción de ciéncia-ficción que o director Chuck Russell realizará para a Intrepid Pictures e mais a produtora valenciana Kincine.

Thieriot interpretará a William Cooley, un estudante rebelde nun coléxio para nenos da elite que debe crear novos líderes mundiais coa axuda das indústrias farmacéuticas. Tres días após da graduación, vários dos seus alumnos son asasinados e William está implicado. Mentres o alumno coas millores notas do coléxio investiga a William, os dous rematarán por se converter en aliados ao seu pesar e atopan unha conspiración que se agocha tras os crimes.

Dave Kalstein adaptou un guión a partir dunha novela de seu publicada en 2006 novel. Os directivos da Intrepid Trevor Macy e Marc D. Evans serán os produtores, xunto con Jesús Martínez da Kincine, así coma Kevin Mann e Matt Perniciaro.

Esta nova produción do cinema español será rodada en València e nos estudos “Ciudad de la Luz” en Alacante a partir do vindeiro 6 de outubro.