Wilson e Farmiga entran no Esconxuro

0
162

Vera Farmiga e Patrick Wilson están a lle dar os derradeiros repasos ao contrato antes de asinar a súa entrada na vindeira longametraxe de terror de James Wan, un proxecto que polo de agora leva o nome de The Conjuring, e que producirán os estudos New Line.

Chad e Carey Hayes escribiron o guión, baseado na vida real da família Perron, quen afirmaban vivir entre os mortos nos anos 70 nunha granxa de Rhode Island onde dicían que había espíritos amigábeis e tamén sinistros. Un grupo de demonólogos e investigadores paranormais entrarán na granxa para ver se a lenda é certa.

Outros actores que tamén están a negociar a súa participación son Ron Livingston e Lili Taylor, quen darían vida á parella de granxeiros.

Wan será o director deste filme, mentres que Peter Safran e Tony DeRosa-Grund producirán. A rodaxe escomezará en marzo en North Carolina.