Róda-se en xuño o Paradiso Perdido?

0
187

Se ben hai un par de meses atrás a adaptación ao cinema de Alex Proyas do clásico poema épico de John Milton Paradise Lost para a Legendary Pictures foi adiada indefinidamente, seica a intención dos estudos non foi nunca a de deter para sempre o proxecto, senón a de repensa-lo coidadosamente.

Así pois, o actor Bradley Cooper (quen vai interpretar a Lucifer neste filme) suxeriu hai uns días unha nova data para recomezar: “con sorte, imos escomezar en xuño. Todo vai ben. Quero dicir que non hai ren decidido até que esteamos preparados e rodando“, confesou nunha recente entrevista.

Segundo os últimos informes, o atraso foi debido aos intentos da produtora por recurtar o orzamento inicial entre o 10 e o 15 por cento sobre o total inicial de 120 millóns de dólares, eliminando o mais posíbel as escenas de acción. Se a rodaxe d’O Paradiso Perdido, que debe durar oito semanas, escomeza en xuño, a Cooper daría-lle tempo para facer The Hangover Part III, que ten previsto rodar-se en setembro.