A arca de Noé navegará axiña

0
164

O realizador Matthew Libatique falou recentemente nunha entrevista sobre o ambicioso novo proxecto de Darren Aronofsky, a fantasía épica Noah que producirán conxuntamente a Fox e mais a New Regency.

Libatique dixo que a rodaxe escomezará en xuño en New York e Islándia e que o proxecto conta cun guión “realmente bó“: “van facer de verdade a história de Noé, un tema que poderías dicir que é moi pouco típico dun tipo tan avanzado coma Darren Aronofsky, pero iso é o que van facer. Vai ser para estrear probábelmente en outono de 2013“.

Polo que comentou Libatique, o problema que seica teñen polo de agora é o reparto, tanto para o protagonista, que debería ser un actor de ao redor duns 40 anos, coma do principal vilán da história. Arestora, o nome que soa para facer de Noé é o de Michael Fassbender, se ben non hai ren confirmado.