A secuela de Rio e o Mundial de 2014

0
141

O compositor brasileiro Sergio Mendes, cuxa canzón Real in Rio para a película de debuxos animados Rio foi nominada recentemente ao Oscar, ven de revelar que están a preparar unha secuela do popular filme.

A Fox estivo a falar sobre o tema e seica van face-lo. Imos manter unha xuntanza a semana que ven e Carlos Saldanha, o director, vai vir á cidade a falar sobre a história e seica van-lle dicir que si“, dixo nunha entrevista hai un par de días.

Saldanha quere que a secuela coincida cos Mundiais de Fútbol que se disputarán en Brasil en 2014. Polo de agora non hai nin guión nin acordos cos actores que poñan as voces aos persoaxes.