Steven Spielberg e o Moisés guerreiro

0
195

Primero perseguíro-no para que acepta-se, logo comezou conversas formais, e agora está “a punto de se gravar en pedra” que Steven Spielberg será o encargado de dirixir o filme épico sobre Moisés titulado Gods and Kings para a Warner Bros. Pictures.

Michael Green e Stuart Hazeldine escribiron un guión que narra a história completa do lendário semideus dos hebreos e cristiáns, dende o seu nacemento miragroso até a sú morte, e cobre toda a súa vida, incluindo a mítica liberación dos escravos xudeus, as sete pragas de Exipto, os dez mandamentos e as catro décadas de vagar polo deserto na procura da terra prometida.

O tón será menos tipo Cecile B. De Mille e mais Braveheart, e retratará a Moisés coma ún dos grandes guerreiros da história. Tamén rodará-se cun estilo o mais realista posíbel, coma xa fixera o mesmo Spielberg en Saving Private Ryan.

Dan Lin e Matti Leshem serán os produtores deste filme, que ten previsto escomezar a se rodar aló por marzo ou abril de 2013, cando Spielberg remate a produción de Robopocalypse na que se atopa xa traballando.