A longamente agardada adaptación ao cinema do clásico cómic de culto Elfquest, que leva en desenvolvemento na Warners alomenos catro anos, semella estar xa completamente esquecida.
Rawson Marshall Thurber estivo vencellado previamente coma director deste filme, que ía sobre unha tribo de elfos que tentan atopar a outros membros da súa espécie mentres evitan o contacto cos humáns e cos trolls. A co-creadora do cómic Wendy Pini realizou a seguinte declaración na súa páxina oficial de Facebook:
“Após de case catro anos de suspense – e moitos mais de catro anos de interese e apoio, que aprezamos moito – por fin chegou a decisión da Warner Bros. E a decisión é “non”. A súa simple explicación é que non queren competir con The Hobbit: An Unexpected Journey. Esta era unha posibilidade, entre outras, para a que estabamos preparados. Alomenos é un acougo o coñecer a decisión“.
Mentres tanto, outro proxecto do que escomezou a se falar aló polo 2008, unha adaptación con debuxos animados do cómic orixinal de Eric Powell The Goon e para o que David Fincher se fixera cos dereitos hai uns meses, semella tamén morto antes de nacer.
Paul Giamatti e Clancy Brown puxéran-lle a voz aos persoaxes protagonistas de Franky e mais Goon nunha proba de són en 2010, pero esta semana no decurso do Festival de Sundance Giamatti dixo que “non teño nin ideia de que diaños aconteceu. Preguntei e ninguén o sabe. Supoño que ficaron sen cartos“.
Estes comentários encaixan cos de Fincher o ano pasado cando confesou que financiar un proxecto coma este era estremadamente difícil.