Rematado o guión do Doutor Estraño

0
120

Após de mais dun ano de traballo, os guionistas Thomas Dean Donnelly e Joshua Oppenheimer (autores asemade do libreto do filme Sahara e tamén do argumento do videoxogo Uncharted: Drake’s Fortune) veñen de completar o seu traballo no guión para o filme Doctor Strange que producirá a Marvel Studios.

O cómic de superheroes vai sobre un cirurxán de New York que após dun grave accidente de tráfico fica incapacitado para o seu traballo, polo que decide adestrar-se nas artes ocultas e converter-se nun heroe con poderes psíquicos.

Polo que contan, a Marvel está moi interesada en sacar este proxecto adiante e xa está a procurar un director e aos actores para poder estrear o filme ao longo do ano que ven.

A película contará cun orzamento modesto en comparación coas outras recentes longametraxes da Marvel, e sen dúbida estará por baixo dos 150 millóns que custaron Thor ou Captain America.