Vaughn e o seu reparto volven a First Class 2

0
186

A 20th Century Fox ven de pechar o acordo co director Matthew Vaughn e mais o reparto orixinal de X-Men: First Class para que regresen para a secuela.

O filme do ano pasado X-Men: First Class foi unha das longametraxes de alto orzamento que millor acollida tiveron entre a crítica e mais o público, e chegou a recadar mais de 350 millóns de dólares en todo o mundo. Michael Fassbender, James McAvoy e Jennifer Lawrence regresarán coma protagonistas e Bryan Singer e mais Simon Kinberg coma produtores.

Kinberg ademais está a escribir o guión, o que para algún fans podería considerar-se desacougante, xa que é o autor tanto de boas obras (Sherlock Holmes, Mr. and Mrs. Smith) coma doutras non tan boas no millor dos casos (X-Men: The Last Stand, Jumper). De todos os xeitos, non sería raro que Vaughn fixese algunhas correccións el mesmo.