Os xoguetes que veremos no cinema

0
151

O filme baseado no xoguete Stretch Armstrong, un boneco de látex flexíbel e moldeábel, está ainda vivo, pero modificáron-se os esdutos onde se gravará e xa non conta co seu mesmo protagonista.

Hai tres anos a Universal Pictures comezou a desenvolver un proxecto de película en 3D baseada no xoguete para nenos Stretch Armstrong, contando para elo cun guión de Steve Oedekerk (Bruce Almighty) e mais a produción de Brian Grazer.

O xoguete lanzou-se nos anos 70 e consiste nunha figura de 30 centímetros, con pelo loiro, enormes músculos e vestido cun bañador de piscina, e cuxos brazos e pernas podían estirar-se até case os 120 centímetros. Un actor que non se asemellaba nadiña ao boneco, o integrante do reparto de Twilight Taylor Lautner, confirmou-se hai un par de anos coma protagonista deste proxecto.

O filme foi un entre média dúcia de proxectos que a Universal e mais a Hasbro estiveron a desenvolver conxuntamente, dos cales Battleship estreará-se este mes de maio cun orzamento de luxo. O pasado verán semellaba que a Universal estaba a se desfacer dos seus proxectos de adaptacións de xoguetes ao cinema, incluindo Monopoly, Ouija, Cluedo, Magic: The Gathering e Candy Land. Pero agora a Hasbro e mais a Relativity Media veñen de alcanzar un acordo de colaboración para traballaren xuntos no filme de Stretch, e mesmo estableceron xa a data do 11 de abril de 2014 para a estrea.

Nombergantes, Lautner xa non participará neste proxecto por problemas de calendário. Ryan Kavanaugh, Brian Goldner e Bennett Schneir serán os produtores.

Pola súa banda, a Sony Pictures retomou outro dos proxectos abandoados pola Universal e queren facer a película baseada no xoguete Candy Land para converti-lo nunha longametraxe de acción protagonizada polo cómico Adam Sandler.

O director de Enchanted, Kevin Lima, estivo anteriormente vencellado a este proxecto cando estaba nas mans da Universal e seica continúa no mesmo. Robert Smigel, quen xa traballou con Sandler na comédia You Don’t Mess With the Zohan, será o autor do guión.