O guionista Albert Torres ven de ser contratado para escribir o libreto dunha longametraxe para a Silver Pictures baseada na série de debuxos animados da canle Cartoon Network Ben 10.
A história vai sobre Ben Tennyson, un rapaz que pode transformar-se en dez creatuiras alieníxenas diferentes coa axuda dun dispositivo semellanet a unha luva chamado o Omnitrix.
Joel Silver, Andrew Rona e Steve Richards serán os produtores e a Warner Bros. Pictures quen probábelmente distribúa o filme.
Pola súa banda, Rocky Russo e Jeremy Sosenko foron contratados para adaptar ao cinema a novela gráfica Too Cool to Be Forgotten na Red Crown Productions e mais a Likely Story.
O argumento deste cómic xira ao redor dun home cuxa sesión de hipnoterápia semella envia-lo atrás no tempo, até 1985, cando só tiña 15 anos. Daniela Taplin Lundberg, Daniel Crown e Anthony Bregman serán os produtores.