A DC Comics quere regresar ao universo de Watchmen este verán co lanzamento de Before Watchmen, sete novas séries limitadas que servirán coma precuelas da saga orixinal dos anos 80.
O cómic amosará-nos a persoaxes coma o Doutor Manhattan, Rorschach ou o Comediante tal e coma eran antes de apareceren por primeira vez na série orixinal, que estaba composta por 12 números e que se covnerteu dende a súa aparición nun dos cómics mais aclamados de todos os tempos e unha das sagas mais influintes no mundo da banda deseñada, con mais de dous millóns de cópias vendidas.
Como é óbvio, o proxecto non gusta nada aos creadores orixinais, ningún dos cales está vencellado ao mesmo: nin o lendário guionista Alan Moore nin o debuxante Dave Gibbons. Moore dixo nunha entrevista ao New York Times que “tendo a tomar-me ese desenvolvmento coma unha clase de confirmación entusiasta de que a DC semella estar depenendo de ideias que tiven hai 25 anos“.
No lugar dos dous xénios, haberá toda unha chea doutros famosos guionistas e debuxantes que retomarán as histórias orixinais dos heroes. Brian Azzarello escribirá a história de Rorschach e mais o Comediante, J. Michael Straczynski ocupará-se do Bufo e mais do Doutor Manhattan, Darwyn Cooke fará os Minutemen e a Espectro de Seda, e Len Wein fará a Ozymadias e mais o metacómic Curse of the Crimson Corsair.