A miña sombra e mais eu

0
147

Kate Hudson, Bill Hader (Superbad) e Josh Gad (Love and Other Drugs) serán quen poñan a voz aos protagonistas do filme de debuxos animados Me & My Shadow que producirá a DreamWorks Animation.

A história vai sobre unha sombra chamada Stan (Hader) que desexa unha vida mais emocionante no canto de estar ligado a un tímido ser humano chamado Stanley Grubb (Gad). Pero cando un crime na comunidade das sombras poña as súas vidas en perigo, Stan verá-se obrigado a tomar o control de Stanley, enviando aos dous a unha aventura na que deberán loitar contra o vilán, un tipo que desexa liderar unha rebelión e apoderar-se do mundo dos humanos. Hudson porá-lle a voz á namorada de Grubb.

O filme misturará vários estilos de animación co mundo das sombras debuxado a man e o mundo dos humáns con gráficos xerados por computador. Tom J. Astle e Matt Ember escribirán o guión.

Alessandro Carloni, o xefe de guionistas de How to Train Your Dragon, fará o seu debut coma director neste proxecto, que producirá Melissa Cobb e que está previsto para se estrear o 13 de novembro de 2013.