Como crear obxectos coa luz

0
167

A Platinum Studios, Inc. está a desenvolver unha adaptación ao cinema da série de cómic orixinal de Fred Van Lente The Weapon.

A história vai sobre un entusiasta das artes marciais, Tommy Zhou, que descubriu un xeito de crear obxectos sólidos coa luz e inventou a un superheroe, The Weapon! para promociona-lo. As invencións de Zhou, quen non acredita nas lendas que o seu avó lle contara de neno, converterá-no no obxectivo dos Demos do Bosque, un milenário culto de asasinos convencidos de que co seu invento, Zhou revelou as técnicas místicas dunha orde secreta.

Scott Rosenberg (Cowboys & Aliens) será o produtor.