Dark Shadows regresa en DVD

0
102

A MPI Home Video está a preparar para abril a saída ao mercado de DVD da súa série completa do programa de televisión dos anos 60 Dark Shadows, a comédia gótica que Tim Burton está a levar ao cinema e que non se estreará até un mes despois. O conxunto está composto por nada menos ca 131 DVDs cos 1.225 episódios emitidos, pero sen incluir as dúas películas que se fixeron en 1970 e 1971. O seu prezo rondará os 500 euros.