Wall-E varre… en España

0
206

Wall-EWall-E. Batallón de limpeza, a última proposta animada da Disney e Pixar, varreu aos seus contrincantes no despacho de billetes español desta pasada fin de semana desbancando a A Mómia 3 e a Hancock cunha recadación de dous millóns de euros, segundo cifras facilitadas pola Walt Disney Studios España.

A película, que narra as aventuras do derradeiro robotr sobre a Terra, Wall-E, foi vista dende a sua data de estrea o pasado 6 de agosto por máis de 500.000 persoas e xa recadou un total de 3,2 millóns de euros no despacho de billetes.

Wall-E, xunto á moderna e atractiva robot EVA, son os protagonistas desta história de “sorpresas, acción, humor e sentimento” asinada polo director Andrew Stanton e os estudos Pixar – responsábeis de títulos coma Á procura de Nemo ou Ratatouille.

Esta semana Wall-E deberá facer fronte nas salas españolas nada menos que a O Cabaleiro Escuro, a nova entrega das aventuras de Batman que está a bater récords en todo o mundo.