Volve Insidious

0
121

A Alliance Films está a preparar unha secuela do seu éxito do ano pasado Insidious, o filme de pantasmas e terror escrito e dirixido por James Wan e Leigh Whannell e que cun orzamento de 1,5 millóns de dólares recadou 150 millóns en todo o mundo. Ainda non se sabe se os protagonistas Patrick Wilson e Rose Byrne repetirán os seus papéis, pero a rodaxe deberá escomenzar a finais deste ano.