Viola Davis por duplicado

0
207

Viola Davis, a actriz nominada ao Oscar por The Help, ven de se facer con dous papeis secundários en senllas películas de xénero fantástico: Ender’s Game na Summit Entertainment e Beautiful Creatures, que producen a Warner Bros. Pictures e a Alcon Entertainment.

Gavin Hood escribiu e dirixe a adaptación ao cinema do clásico da ciéncia-ficción de Orson Scott Card O xogo de Ender sobre un neno xénio da estratéxia que é recrutado polo governo para se adestrar nunha académia e axudar a destruír aos insectores, os mortais inimigos do noso planeta.

Davis fará o papel dunha psicóloga militar que supervisa o benestar emocional dos xóvenes cadetes. Ademais axuda a deseñar os xogos cos que proban as súas habilidades e mais a súa resisténcia. Asa Butterfield, Hailee Steinfeld, Abigail Breslin e Harrison Ford son os protagonistas deste filme.

Pola súa banda, Beautiful Creatures está baseado no primeiro tomo dunha saga de novelas de Margaret Stohl e Kami Garcia, que seguen as aventuras de dous adolescentes que deben enfrontar-se a un esconxuro que leva enmeigando á família da rapaza durantexeracións.

Davis interpreta neste segundo filme a unha bibliotecária amiga da nai do neno que o quere coma ao seu própio fillo e fará todo o posíbel para o proexer após da morte da súa nai.

Richard LaGravenese escribiu o guión e será o director. A rodaxe escomeza en abril en New Orleans.