Octavia Spencer atrapada nun tren

0
186

Octavia Spencer (The Help) ven de se unir ao reparto de Snow Piercer, a vindeira longametraxe de ciéncia-ficción independente do director Bong Joon-Ho, e que adaptará ao cinema o cómic francés de propaganda relixiosa Le Transperceneige. O cómic gañou en 1985 o prémio á millor propaganda cristián do festival internacional de Angoulême.

A história está ambientada nun futuro onde unha nova Idade de Xeo matou a toda a vida na Terra agás aos habitantes do Rompeneves, un tren que viaxa polo mundo grazas á enerxía fornecida por un motor sagrado de movemento perpétuo.

No tren desenvólve-se un sistema de clases pero xurde unha revolución a bordo. Spencer interpreta a unha pasaxeira que se une á revolución para salvar ao seu fillo. Chris Evans, John Hurt, Tilda Swinton e Kang Ho Song son os outros membros do reparto xa confirmados.

Kelly Masterson escribiu o guión mais recente do filme, que contará coa produción de Chan Wook-Park e Dooho Choi. A rodaxe escomezará en abril.