Monstros lovecraftiáns para Brad Bird

0
192

O director de The Incredibles e Mission: Impossible – Ghost Protocol, Brad Bird, reuniu-se cos directivos da Legendary Pictures para falar da posibilidade de se encargar da realización de Here There Be Monsters, un filme que mistura acontecementos históricos coas lendas dos monstros lovecraftiáns.

A história vai sobre o capitán de navío John Paul Jones, heroe da guerra de independéncia americana, pero incorporando monstros con tentáculos das profundidades do mar, o que sinifica que o seu tón será semellante ao do vindeiro Abraham Lincoln: Vampire Hunter.

Brian Helgeland escribiu o guión, no que Jones é desposuído inxustamente da súa misión da mariña inglesa e é contratado por un magnate dos mares para que investigue a desaparición de barcos mercantes no océano Atlántico norde. Jones e mais a súa tripulación sospeitan que após dos feitos atópa-se un monstro mariño e terán que loitar para sobreviviren.

Thomas Tull, Jon Jashni, Todd Lieberman e David Hoberman son os produtores.