A era dos miragres

0
125

A River Road Entertainment ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema a primeira novela de Karen Thompson Walker, The Age of Miracles. O filme é a história da chegada á maioría de idade dunha rapaza e un drama familiar ambientado no decurso dunha catástrofe mundial causada pola ralentización da rotación da Terra. O guionista será Seth Lochhead (Hanna) e Bill Pohlad (The Tree of Life) producirá.