O regreso do demo interior

0
188

A FilmDistrict e mais a Sierra/Affinity colaborarán conxuntamente para financiar o thriller de terror Wer, a secuela do recente éxito do filme de posesións demoníacas The Devil Inside do realizador William Brent Bell.

Bell e Matthew Peterman co-escribiron o guión desta segunda parte pero os detalles do argumento mantéñen-se en secreto. Nombergantes, os rumores apuntan a que hai un lobishome nalgures, o cal Bell nin confirma nin desminte.

A preprodución xa está en marcha e a rodaxe escomezará o 9 de abril, co tempo xusto para chegar a outro proxecto no que tamén se atopa Bell: The Vatican, unha história de política-ficción que contará cun guión de Dave Cohen.

Bell confirmou que ambos os dous filmes utilizarán o estilo de documental sobre crimes que xa se puido ver en The Devil Inside e que é xa case unha marca da casa para Bell.