Lobeto regresa o ano que ven

0
288

A Fox ven de anunciar o 26 de xullo de 2013 coma data de lanzamento oficial de The Wolverine, o filme de mutantes que protagonizará Hugh Jackman.

O filme longamente agardado contará coa dirección de James Mangold e amosará as aventuras de Lobeto, o mutante canadiano con poderes de autocuración e poutas retráctiles en Xapón.

Agora que a data está fixada, os estudos queren facer deste filme unha prioridade. A película deberá estrear-se nun mes que xa amosou estes últimos anos que é moi beneficioso para o despacho de billetes para os filmes de superheroes, e dan boa proba delo The Dark Knight e Captain America: The First Avenger.