O conto do ladrón de corpos

0
210

A creación mais famosa da escritora Anne Rice, o vampiro Lestat, podería regresar ao cinema.

A Imagine Entertainment ven de se facer cos dereitos sobre The Tale of the Body Thief, o cuarto tomo da série supervendas As Crónicas do Vampiro de Rice.

Nesta novela Lestat, solitário e deprimido, decide transferir a súa alma por un día ao corpo dun vidente, quen após da transferéncia, demostra que non ten intencións de volver atrás. Lestat, que de súpeto atópa-se atrapado nun corpo humano, deberá pedir axuda a algúns amigos para xuntos atoparen ao home que lle roubou o corpo e conseguir que o devolva.

De saír adiante, o proxecto sería a terceira película na que podemos ver ao persoaxe, despois de que aparecera no filme de 1994 dirixido por Neil Jordan Entrevista co Vampiro, que adaptou a novela homónima e que estaba protagonizada por Tom Cruise e Brad Pitt.

A súa segunda aparición no cinema foi a moito menos rendíbel Queen of the Damned en 2002, protagonizada por Stuart Townsend e mais a cantante Aaliyah, quen por certo morreu pouco despois. Aquel filme combinou partes da segunda e mais a terceira novelas da série.

Lee Patterson está a escribir o guión, que contará cunha parella de produtores de luxo: Alex Kurtzman e Roberto Orci.