O regreso de Espazo 1999

0
170

Cen anos de ficción mais tarde, a ITV Studios America e mais a HDFILMS veñen de anunciar os seus plans para Space: 2099, o que será unha versión modernizada da clásica série inglesa de ciéncia-ficción Space: 1999.

A série orixinal narraba as aventuras dos habitantes da Base Luar Alpha após de que un catastrófico accidente nun vertedoiro nuclear causase que a Lúa saíse despedida fóra da órbita da Terra, enviando ao noso satélite ao espazo. No decurso da súa viaxe interestelar atoparán civilizacións alieníxenas, sociedades distópicas e fenómenos moi estraños.

Martin Landau, Barbara Bain e Nick Tate protagonizaron aquela série, que só durou dúas tempadas. A primeira contiña guións con temas mais filosóficos que facían supoñer que había unha história de fondo, mentres que a segunda tempada, xa mais dirixida ao público americano, converteu-se nunha série de acción.

A HDFILMS é a produtora responsábel do recente relanzamento doutro clásico da pequena pantalla, nesta ocasión da série V, que a canle ABC emitiu orixinalmente nos anos 80. Jace Hall será o produtor executivo para este novo proxecto, que ainda está en fase de desenvolvemento e precisa que algunha canle de televisión se anime a adquirir os dereitos.