Hasselhoff regresa ao coche fantástico

0
219

David HasselhoffO protagonista da série orixinal O coche fantástico, David Hasselhoff, está en conversas para aparecer no vindeiro telefilme que suporá o episódio piloto da nova série da canle americana NBC, repetindo o seu papel coma Michael Knight.

Pola súa banda, Deanna Russo (The Young & the Restless) será a protagonista feminina no filme, enfrontándo-se ao actor principal, o especialista en culebróns Justin Bruening.

O novo coche fantástico será unha secuela da série orixinal dos anos 80, esta vez cdentrada en Mike Tracer (Bruening), o fillo de Michael Knight que nunca chegou coñecer ao seu pai.

Queimado polo seu amor pola súa amiga dende a nenez e antiga moza Sarah Kamen (Russo), Mike está a malgastar o seu tempo en Las Vegas cando de súpeto Sarah reaparece a di-lle a Mike que que quere pagar as súas débedas de xogo en troques da súa axuda.

Sarah é a brillante filla de Charles Kamen, o inventor do coche fantástico K.I.T.T., e que traballa coma axudante dun profesor no departamento de enxeñería en Stanford. Cando ela recibe o aviso do coche falante de que o seu pai está desaparecido, ela e K.I.T.T. porán-se en marcha para atopar e recrutar a Mike.