Os novos terroríficos proxectos da Hammer

0
158

Contando con boas críticas e estreándo-se esta pasada fin de semana, a adaptación ao cinema da novela de Susan Hill The Woman in Black, chega da man dunha reforzada Hammer Films, que visto o éxito, decediu-se a anunciar novos lanzamentos.

O primeiro proxecto é a compra dos dereitos para a pantalla grande de Black List, unha novela do recén chegado Ian Fried á que definen coma un thriller atmosférico cun guión semellante ao do clásico Luz de Gas.

O filme vai básicamente sobre a ideia de que Jack o Destripador foi atrapado en segredo polas autoridades e encerrado nunha cárcere de Londres para dementes. Dende alí recebirá o encargo de axudar a Scotland Yard a resolver unha série de crimes misteriosos nos que todas a vítimas apareceron cunhas trabadas no pescozo.

A Hammer ademais quere escomezar a produción dun filme “baseado en feitos reais” titulado The Quiet Ones que John Pogue (Quarantine 2) vai dirixir.

A história vai sobre un profesor pouco ortodoxo que usa métodos controvertidos e anima aos seus millores estudantes para que tomen parte nun perigoso experimento: crear un poltergeist obrigándo-os a chegar até o límite da cordura. A rodaxe escomezará en maio en Sudáfrica.