Freeman traballará na nova de Kosinski

0
181

O actor Morgan Freeman ven de se facer cun pequeno pero importante papel no vindeiro filme de Joseph Kosinski, a saga de ciéncia-ficción que polo de agora non ten nome oficial pero que xa pasou polos títulos de Oblivion e Horizons.

A película da Universal Pictures está protagonizada por Tom Cruise no papel do derradeiro home nunha Terra post-apocalíptica e case inhabitábel, onde a civilización reside agora en cidades por riba das nubes. Andrea Riseborough e Olga Kurylenko son as outras protagonistas.

Michael Arndt está a reescribir o guión no que traballaron anteriormente William Monahan e Karl Gajdusek. Peter Chernin, Dylan Clark, Barry Levine e o mesmo Kosinski son os produtores.