O paradiso pérde-se para sempre

585

A Legendary Pictures ven de botar abaixo definitivamente o ambicioso proxecto de Alex Proyas de levar ao cinema o clásico poema épico de John Milton O Paradiso Perdido.

Bradley Cooper, Casey Affleck e Benjamin Walker ían ser os protagonistas deste filme, que tiña previsto escomezar a se rodar o mes pasado en Austrália até que a Legendary adiou o proxecto o pasado mes de decembro por mor de problemas de orzamento.

O filme contaba cun orzamento inicial de 120 millóns de dólares por mor dos numerosos traballos con pantalla verde e os efectos especiais previstos para crear a história da caída en desgraza do demo Lucifer e a guerra entre as forzas do ceo e as do inferno.

Hai un par de semanas semellaba que a rodaxe podería retomar-se no mes de xuño pero agora a Legendary decidiu finalmente pechar o proxecto porque os intrincados efectos especiais precisaban dun investimento en tecnoloxía que fixo imposíbeis os recurtes no orzamento. “Isto non é Avatar. Van face-lo por un prezo“, engadiu unha fonte interna dos estudos referíndo-se a que o prezo dos efectos especiais é innegociábel.