¡Maldito Bastardo! no Dark Carnival Film Fest

0
202

maldito bastardo¡Maldito Bastardo!, a primeira longametraxe do santiagués Javi Camino, continua a súa travesía de festivais internacionais facendo parada na sección oficial do Dark Carnival Film Fest, un dos principais festivais de cinema de terror independente nos Estados Unidos.

O evento celébra-se entre o 16 e o 21 de setembro en Bloomington (Indiana), ofrecendo unha mostra de curtas e longametraxes traídas de todas as partes do mundo. ¡Maldito Bastardo! é a primeira longametraxe española seleccionada na história deste festival.

A modesta película, estreada fai apenas tres meses no Festival de Cans (O Porriño), está a ter unha estupenda acollida alén das fronteiras do noso país, sendo galardonada recentemente co premio á millor película no festival italiano especializado de Fearmament.