O arcanxo Miguel ao rescate

0
159

A canle Syfy e mais a Sony Pictures TV están a desenvolver unha versión para a pequena pantalla do thriller sobrenatural de Scott Stewart Legion, un filme que se estreou en 2010 e estivo protagonizado por Paul Bettany no papel dun arcanxo celestial.

A história narra a batalla da raza humana por sobrevivir após de que Deus envíe unha lexión de anxos á terra para destruí-la iniciando o apocalipse. Os seres humáns atoparán un aliado no arcanxo Miguel (Bettany), que decide desobecer aos seu amo e axudar á xente.

Stewart será o director e mais o produtor executivo. A série contará co guión de Vaun Wilmott (Sons Of Anarchy).