En preparación “Beetlejuice 2”

0
224

O escritor Seth Grahame-Smith ven de revelar nunha recente entrevista que a secuela de Beetlejuice na que está a traballar para a Warner Bros. Pictures está marchando polo bó camiño.

Atopei-me con Michael Keaton a pasada semana, falamos durante un par de horas e falamos sobre o tema de facer unha grande película. É unha prioridade para a Warner Bros. É unha prioridade para Tim Burton“, dixo Grahame-Smith.

Así pois, a pregunta é canto haberá que agardar até que isto saia adiante. “Agora mesmo estou a escribir unha película de debuxos animados para Tim baseada nunha ideia que tiven eu. Logo adaptarei Unholy Night [baseado nun libro ainda por aparecer]. O terceiro que agardo facer é Beetlejuice para poñe-lo no meu calendário de traballos pendentes”.