Ameazan con facer mais Twilight

0
168

O co-fundador da Summit Entertainment e actual executivo da Lionsgate, Rob Friedman, revelou que a súa compañía estaría encantada de facer unha sexta entrega da saga de Twilight, sempre e cando a escritora Stephenie Meyer rematase outro tomo da série.

Se ela (Meyer) desexa face-lo, nós estaremos aí para apoia-la“, dixo Friedman nunha entrevista en Hollywood. Hai uns anos Meyer case chegou a rematar unha quinta novela da súa saga, que levaría por título Midnight Sun, pero a novela nunca se chegou completar após de que parte dela fose filtrada a través da Internet. E até o día de hoxe non houbo nin unha soa mención á posibilidade de continuar as aventuras de Edward, Bella e Jacob.

Mentres tanto, xa se confirmou que o tráiler da quinta película, Breaking Dawn Part 2, debutará nos cinemas en exclusiva antes da proxección do filme The Hunger Games no mes de marzo. Esta será a primeira vez que se ve o traballo conxunto da Lionsgate e mais da Summit após de que no pasado mes a primeira absorbera á segunda.